domingo, 7 de mayo de 2023

SEGUIMOS "CONECTADOS"! 

O carteiro volveu entregarlles aos compañei@s por correo un dos nosos paquetiños e cóntannos que están "encantados" coas nosas rimas!

Mirade a publicación que nos adicaron no seu Instagram.

Que alegría que o estean a disfrutar tanto!




VISITAMOS A CASA DAS CIENCIAS! 

Esta semana convertémonos en científicos e científicas por un día na Casa das Ciencias. 

Experimentamos, xogamos, rimos, probamos, sorprendémonos e descubrimos, ademais de disfrutar dunha proxección no planetario que nos encantou a tod@s!


Pincha para ver  un vídeo.

































miércoles, 26 de abril de 2023

SEGUNDO "ENVÍO POÉTICO"! 

Por fin levamos ao correo o noso segundo envío destinado aos nosos compañeiras e compañeiras a distancia.

Co obxectivo de que fora algo moito máis persoal e literario que o primeiro, ocorréusenos enviarlles uns marcapáxinas con poemas escritos e decorados por nós mesmos para  conmemorar o Mes da Poesía.

Marcapáxinas que levan incorporada unha sorpresa que de seguro non esperan: códigos QR na cara traseira cos que poderán escoitar as voces dos seus autores lendo as súas propias creacións.

Non vos parece absolutamente xenial?!

Os orixinais xa van no correo, pero levarán unhas copias á casa para que o comprobedes por vós mesmos!











A NOSA HORTA!

Coa chegada da primavera, puxemos en marcha un Plan de horto escolar polo que cada aula ten asignada unha bancada de terra para cultivar.

Ao longo da semana pasada limpamos a terra, aireámola, abonámola, plantamos diferentes verduras e hortalizas (máis algunhas flores para atraer aos polinizadores) e regamos.

Deixámosvos unhas fotiños do momento da colocación dos repolos, tomates, apios, leitugas, cenorias, acelgas, pementos, espinacas, xudías... 

A algún xa lle tarda recoller a colleita!


Primavera 2023

(Pinchade arriba para ver o vídeo).


sábado, 22 de abril de 2023

VISITAMOS O CASTELO DE SAN ANTÓN! 

O pasado 11 de abril tivemos a oportunidade de coñecer moitos dos tesouros que contén o castelo de San Antón da nosa cidade, así como datos interesantísimos sobre a nosa historia.

Unha visita guiada por dúas das alumnas do Grao de Turismo da Universidade da Coruña, que fixeron con nós un traballo sobresaínte!