Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto competencial. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Proxecto competencial. Mostrar todas las entradas

domingo, 18 de junio de 2023

Máis casiñas!


Hoxe queremos compartir con vós o resultado da segunda entrega do noso Proxecto Competencial "Miña casiña, meu lar!". 

Esta vez tocoulles o turno ao pazo, á choza Ndebele e á maloca.

Adxúntovos as imaxes das maquetas e os vídeos das presentacións orais dos tres equipos.

Canto aprendimos e que bonitiñas nos quedaron!




domingo, 12 de febrero de 2023

Comunicamos o aprendido!

Despois de buscar información na rede sobre as nosas casiñas, de planificar o nosos plans de construción e de construir as nosas maquetas, é o turno de comunicar o aprendido ao longo desta primeira parte do proxecto.

Unha oportunidade para desenvolver a competencia lingüística dos alumnos a través da exposición oral.

O broche perfecto para o noso traballo!

(Pinchade nos títulos para ver os vídeos).


EQUIPO IGLÚ


EQUIPO YURTA


EQUIPO TIPI


EQUIPO PALLOZA








miércoles, 28 de diciembre de 2022

Maquetas/casiñas rematadas!

Unha parte importante do noso Proxecto Competencial anual é a construción das maquetas daquelas casas tradicionais que estivemos a estudar en cada un dos trimestres. 

Este é o resultado final da parte máis artística da área, pero que está directamente relacionada coas habilidades de investigación e de planificación do traballo en equipo que tivemos que facer previamente.

Mirade canta maravilla!








miércoles, 23 de noviembre de 2022

MIÑA CASIÑA, MEU LAR!

Así se chama o noso proxecto interdisciplinar que estamos a traballar dende a nova materia de Proxecto Competencial.

Unha materia onde combinamos as competencias dixitais para pescudar información na rede sobre algunhas das casas tradicionais máis coñecidas do mundo, as competencias artísticas e as competencias comunicativas.

As casiñas desde trimestre son: o iglú, o tipi, a yurta e a palloza.

Un traballo en equipo que, como vedes, está a dar moi bos resultados!