martes, 25 de octubre de 2022

Excursión á DOMUS!

Hoxe tivemos a nosa primeira saída do curso ao Museo DOMUS, un dos grandes museos científicos da nosa cidade.

Aprendimos moitas cousas e, ao mesmo tempo, pasámolo moi ben. Non se pode pedir máis!




































































sábado, 22 de octubre de 2022

Menudas vistas!


Este curso temos moita sorte porque polas fiestras da nosa aula podemos ver a vida da rúa. O tráfico, as árbores do xardín do cole, os paxaros, a beirarrúa e os peóns, a estación do tren...

Pero estes días tamén temos unhas vistas moi fermosas cando temos a porta aberta para favorecer a ventilación.

Mirade senón a foto que fixemos onte: unha arrepiante entrada repleta de arañas que viñeron visitarnos polo Samaín e unha vista inmellorable do proxecto sobre Yayoi Kusama que están a facer na área de Plástica.

O dito: temos moita sorte!




 A Caixa!


Hoxe querémosvos ensinar a actividade que é, sen dúbida, a máis demandada e esperada ao longo da semana.

Trátase de "La caja", co nome en castelán porque está dirixida a traballar contidos da área de matemáticas.

O obxectivo é resolver unha serie de acertixos, que van cambiando cos temas que imos dando, para acadar a combinación correcta que abra os cadeados que pechan a nosa caixa. 

Se o conseguen, dentro haberá unha pequena recompensa ao seu esforzo. Nesta ocasión: tatuaxes temporais de Samaín!




domingo, 9 de octubre de 2022

Biblioteca de aula e 

marcapáxinas personalizados!


Hoxe estamos preparando os nosos marcapáxinas para comezar a usalos mañá na biblioteca de aula lendo os libros que achegaron os compañeiros e compañeiras.

Todos irán acompañados de fíos de la de cor branco, como o primeiro cinto dos karatecas. O obxectivo é acadar o desexado Marcapáxinas Negro, porque a lectura, como o karate, fainos máis competentes, capaces e fortes na nosa vida.

Déixovos unha foto das cores e do seu significado e un vídeo moi chusco coas plantillas dos marcapáxinas dos nos@s lector@s!










viernes, 7 de octubre de 2022

 As forzas internas da Terra


Inauguramos a páxina de Ciencias Sociais cuns traballos moi motivadores sobre os movementos das placas tectónicas e os volcáns. Temas un pouco abstractos que agradecen un traballo máis interactivo.

Uns debuxos con plastilina que fixemos por parellas para interiorizar a nova terminoloxía do tema.

Que terá a plastilina que nos gusta tanto?!






Coidamos a auga!

Velaquí os nosos traballos de Lingua sobre o tema do cartel. 

Cada equipo elaborou o seu coa técnica do folio xiratorio para informar das distintas formas de coidar un dos nosos bens máis valiosos: a auga.

Polo camiño, aprendimos a repartir tarefas, respectar as opinións dos demais e chegar a acordos.

Un reto: A ver se atopades o consello dirixido "aos teus pais"!








Conto Fiado! 

(Primeira Parte)


Empezamos outubro cunha nova entrada sobre unha das actividades que máis están gustando na aula: o Conto Fiado. 

O obxectivo é texer unha maraña de lá para construír unha historia entre tod@s.

Unha actividade diferente para traballar as partes do conto, a coherencia no discurso e a imaxinación ao tempo que pasamos un rato divertido.

Nota: Como en todas as fotos do Blog, podedes pinchar nelas para velas en grande nos vosos dispositivos.