Mostrando entradas con la etiqueta Naturais. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Naturais. Mostrar todas las entradas

miércoles, 26 de abril de 2023

A NOSA HORTA!

Coa chegada da primavera, puxemos en marcha un Plan de horto escolar polo que cada aula ten asignada unha bancada de terra para cultivar.

Ao longo da semana pasada limpamos a terra, aireámola, abonámola, plantamos diferentes verduras e hortalizas (máis algunhas flores para atraer aos polinizadores) e regamos.

Deixámosvos unhas fotiños do momento da colocación dos repolos, tomates, apios, leitugas, cenorias, acelgas, pementos, espinacas, xudías... 

A algún xa lle tarda recoller a colleita!


Primavera 2023

(Pinchade arriba para ver o vídeo).


miércoles, 28 de diciembre de 2022

O  Trivial de Inés

Como actividade de repaso dos contidos do Tema 2 de Naturais, que tan ben traballou co seu álbum, Inés preparounos un Trivial para xogar por equipos.

Gañamos moitos queixiños con preguntas sobre as funcións vitais, os animais vertebrados e invertebrados, beneficios e prexuízos dos animais no medio e para as persoas...

Un exemplo máis do enorme poder que ten o xogo na aprendizaxe!











domingo, 6 de noviembre de 2022

A profe Inés e os animais!


Como sabedes, este curso temos a sorte de ter a Inés na aula ata o Nadal.

Unha parte importante das súas prácticas é impartir unha unidade didáctica deseñada por ela de principio a fin sen empregar o libro de  texto. O tema elixido é o segundo tema da materia de Ciencias Naturais que traballa os animais.

Déixovos o vídeo que gravou na súa casa e que empregou na primeira sesión a modo de introdución.

Que bo traballo está a facer con nós!!