Mostrando entradas con la etiqueta Primeiros días. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Primeiros días. Mostrar todas las entradas

domingo, 9 de octubre de 2022

Biblioteca de aula e 

marcapáxinas personalizados!


Hoxe estamos preparando os nosos marcapáxinas para comezar a usalos mañá na biblioteca de aula lendo os libros que achegaron os compañeiros e compañeiras.

Todos irán acompañados de fíos de la de cor branco, como o primeiro cinto dos karatecas. O obxectivo é acadar o desexado Marcapáxinas Negro, porque a lectura, como o karate, fainos máis competentes, capaces e fortes na nosa vida.

Déixovos unha foto das cores e do seu significado e un vídeo moi chusco coas plantillas dos marcapáxinas dos nos@s lector@s!










domingo, 11 de septiembre de 2022


Ola de novo!


Hoxe queremos ensinarvos o noso "Museo das Pezas Valiosas". Que non son valiosas polos cartos que custaron, senón polo que significan para nós. 

Unha actividade para traballar a oralidade, a escoita atenta, a empatía e a expresión dos sentimentos.

Nota: as pezas non están á venta; non as cambiariamos por nada do mundo!




E tamén, as normas de aula que fixemos entre tod@s. E que  tamén firmamos!





jueves, 8 de septiembre de 2022


 BENVIDOS E BENVIDAS A UN NOVO CURSO!
E BENVID@S AO NOSO BLOG DE AULA!


Aquí vos ensinaremos algunhas das cousas que facemos na aula para que unha parte do cole, aínda que sexa pequeniña, chegue ata as vosas casas.
Agardamos os vosos comentarios!




E para comezar, unha actividade para coñecernos tod@s un pouco mellor. Quedounos chulísima!!