domingo, 18 de junio de 2023

Novo correo!


A semana pasada recibimos un novo sobre enviado polos nosos amigos e amigas por correspondencia.

E que cousiñas máis bonitas nos mandaron: uns marcapáxinas pintados con pigmentos naturais elaborados por eles mesmos, varias cartas e uns poemiñas de Rosalía de Castro que escolleron por mor do Día das Letras Galegas.

Tamén nos contaron que están encantados cos nosos marcapáxinas poéticos con código QR e que os escoitan a miúdo. 

Que sorte ter contado con el@s ao longo deste curso!








Máis casiñas!


Hoxe queremos compartir con vós o resultado da segunda entrega do noso Proxecto Competencial "Miña casiña, meu lar!". 

Esta vez tocoulles o turno ao pazo, á choza Ndebele e á maloca.

Adxúntovos as imaxes das maquetas e os vídeos das presentacións orais dos tres equipos.

Canto aprendimos e que bonitiñas nos quedaron!