Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Conmemoracións. Mostrar todas las entradas

miércoles, 19 de abril de 2023

DÍA DA MULLER 2023!

O mes pasado celebramos, con distintas actividades, o Día Internacional da Muller. Unha delas foi facer o noso Museo de Mulleres Importantes no noso corredor.

A consigna era clara: debuxar unha muller que fora importante para nós, polas razóns que foran, e acompañar a imaxe das cualidades que mellor a definen; aquelo do que podemos aprender. 

Deixei moi claro que podía ser calquera muller do mundo, aínda que só a coñeceramos pola televisión ou polos libros.

Pois ben, a inmensa maioría d@s alumn@s debuxaron a unha muller da súa familia e acompañaron eses fermosos debuxos de adxectivos igual de fermosos.

Disfrutádeo!


8 de marzo de 2023

(Pinchade arriba para ver o vídeo).



domingo, 26 de febrero de 2023

ENTROIDO II 


O xoves foi o día no que puidemos ir ao colexio vestidos co noso disfraz favorito, como nos dixera Fantasmón.

E como tiñamos un pouco de todo ocorréusenos combinar as distintas personaxes, de forma libre e creativa, para facer esta sesión de fotos tan divertida!!


(Pinchade arriba para ver as fotos).

ENTROIDO I 


Na semana previa ao entroido, Fantasmón mandou que fósemos cos nosos pixamas ao cole.

E ocorréuseme aproveitar a ocasión para falar da importancia dos soños e, sobre todo, daqueles que se fan realidade despois de moita ilusión e esforzo.

Como moi ben dixo unha compañeira: 

"Persegue os teus soños. Non os deixes escapar!"


De maiores soñamos con ser...

(Pinchade arriba para ver o vídeo).


miércoles, 28 de diciembre de 2022

Decoramos o corredor coas nosas manualidades!

Nos días previos ás vacacións de Nadal quixemos despedir o trimestre facendo algunhas manualidades, que tanto nos gustan, para decorar a nosa sección de cortiza do corredor.

Quedounos ESPECTACULAR!!









miércoles, 23 de noviembre de 2022

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

O día 20 de novembro celebramos en todo o colexio este día adicado a coñecer os dereitos que teñen todas as nenas e nenos do mundo.

Cada aula traballou sobre un deles para compoñer, entre todos, un pórtico que está a decorar a entrada principal do centro.

A nós tocounos o Dereito á Saúde, que plasmamos na caixa branca da composición. 

Cada nen@ achegou unha letra do título máis un pequeno debuxo. Á vista está que nos quedou chulísima!







 



martes, 1 de noviembre de 2022

As nosas cabazas!

Hoxe queremos ensinarvos todas as cabazas que foron decorando a nosa aula ao longo da semana pasada.

Como sabedes, o tema deste curso eran as viaxes e, sobre todo, as que se fan en tren.

Sodes uns/unhas artistas!













sábado, 22 de octubre de 2022

Menudas vistas!


Este curso temos moita sorte porque polas fiestras da nosa aula podemos ver a vida da rúa. O tráfico, as árbores do xardín do cole, os paxaros, a beirarrúa e os peóns, a estación do tren...

Pero estes días tamén temos unhas vistas moi fermosas cando temos a porta aberta para favorecer a ventilación.

Mirade senón a foto que fixemos onte: unha arrepiante entrada repleta de arañas que viñeron visitarnos polo Samaín e unha vista inmellorable do proxecto sobre Yayoi Kusama que están a facer na área de Plástica.

O dito: temos moita sorte!