miércoles, 23 de noviembre de 2022

Día Internacional dos Dereitos da Infancia

O día 20 de novembro celebramos en todo o colexio este día adicado a coñecer os dereitos que teñen todas as nenas e nenos do mundo.

Cada aula traballou sobre un deles para compoñer, entre todos, un pórtico que está a decorar a entrada principal do centro.

A nós tocounos o Dereito á Saúde, que plasmamos na caixa branca da composición. 

Cada nen@ achegou unha letra do título máis un pequeno debuxo. Á vista está que nos quedou chulísima!







 



MIÑA CASIÑA, MEU LAR!

Así se chama o noso proxecto interdisciplinar que estamos a traballar dende a nova materia de Proxecto Competencial.

Unha materia onde combinamos as competencias dixitais para pescudar información na rede sobre algunhas das casas tradicionais máis coñecidas do mundo, as competencias artísticas e as competencias comunicativas.

As casiñas desde trimestre son: o iglú, o tipi, a yurta e a palloza.

Un traballo en equipo que, como vedes, está a dar moi bos resultados!







viernes, 11 de noviembre de 2022

De excursión á biblioteca Miguel González Garcés! 

Onte fumos á biblioteca pública que temos moi preto do noso cole: a Miguel González Garcés, que toma o nome dun recoñecido escritor, poeta, docente e periodista galego. 
Coñecimos as súas instalacións, incluído o depósito, e o sistema de catalogación; limos libros, xornais e  revistas e, por suposto, disfrutamos moitísimo do paseo ata alí!




































domingo, 6 de noviembre de 2022

A profe Inés e os animais!


Como sabedes, este curso temos a sorte de ter a Inés na aula ata o Nadal.

Unha parte importante das súas prácticas é impartir unha unidade didáctica deseñada por ela de principio a fin sen empregar o libro de  texto. O tema elixido é o segundo tema da materia de Ciencias Naturais que traballa os animais.

Déixovos o vídeo que gravou na súa casa e que empregou na primeira sesión a modo de introdución.

Que bo traballo está a facer con nós!!





As nosas cartas xa están no seu destino!


Despois de dous días de viaxe o noso primeiro envío xa está no colexio d@s nos@s compañeir@s por correo!

Sei de moi boa tinta que recibiron as nosas cartas e bandeiras con moitísima ilusión e que pronto recibiremos o seu envío de resposta.

Déixovos dúas imaxes que falan por sí mesmas: unha coa alummnado do colexio ao completo (trátase dunha escola rural unitaria cunha soa aula) e outra co rinconciño que teñen reservado para nós.

Xa nos tarda que chegue @ carteir@!








martes, 1 de noviembre de 2022

Ampliamos a aula: os nosos compañeiros e compañeiras por correo!

Como xa saberedes, ao longo deste curso manteremos un intercambio de cartas cun colexio rural da provincia da Coruña. 

Trátase dunha iniciativa que ten os seguintes obxectivos: motivarnos cara á escritura, mellorar a escrita en galego, coñecer o xénero da carta, habituarnos a ler "realias" (escritos reais do día a día na súa tipografía orixinal), coñecer outras realidades escolares moi distintas á nosa, fomentar a empatía e escribir do que nos rodea e saber comunicalo de forma eficaz ademais de seguir desenvolvendo o traballo en equipo.

O noso primeiro envío contén 6 cartas elaboradas en equipo (cada unha dun tema diferente: a nosa aula, o cole, as profes, o barrio...) e 6 bandeiriñas cos nomes e logos de cada equipo a modo de agasallo para que, se lles gusta, @s nos@s nov@s compañeir@s poidan decorar a súa aula con elas.

Por suposto, non escribimos ningún nome propio nin ningún dato de carácter persoal. Xa sabemos que sempre temos que protexer moi ben a nosa identidade.

Agora só temos que agardar a que a baideiriña do noso buzón fique cara arriba, pois eso quererá dicir que xa temos resposta.

Que nos contarán? Regalarannos algo tamén el@s? Que nervios!!!





As nosas cabazas!

Hoxe queremos ensinarvos todas as cabazas que foron decorando a nosa aula ao longo da semana pasada.

Como sabedes, o tema deste curso eran as viaxes e, sobre todo, as que se fan en tren.

Sodes uns/unhas artistas!