Ampliamos a aula: os nosos compañeiros e compañeiras por correo!
Como xa saberedes, ao longo deste curso manteremos un intercambio de cartas cun colexio rural da provincia da Coruña.
Trátase dunha iniciativa que ten os seguintes obxectivos: motivarnos cara á escritura, mellorar a escrita en galego, coñecer o xénero da carta, habituarnos a ler "realias" (escritos reais do día a día na súa tipografía orixinal), coñecer outras realidades escolares moi distintas á nosa, fomentar a empatía e escribir do que nos rodea e saber comunicalo de forma eficaz ademais de seguir desenvolvendo o traballo en equipo.
O noso primeiro envío contén 6 cartas elaboradas en equipo (cada unha dun tema diferente: a nosa aula, o cole, as profes, o barrio...) e 6 bandeiriñas cos nomes e logos de cada equipo a modo de agasallo para que, se lles gusta, @s nos@s nov@s compañeir@s poidan decorar a súa aula con elas.
Por suposto, non escribimos ningún nome propio nin ningún dato de carácter persoal. Xa sabemos que sempre temos que protexer moi ben a nosa identidade.
Agora só temos que agardar a que a baideiriña do noso buzón fique cara arriba, pois eso quererá dicir que xa temos resposta.
Que nos contarán? Regalarannos algo tamén el@s? Que nervios!!!


No hay comentarios:
Publicar un comentario