SEGUNDO "ENVÍO POÉTICO"!
Por fin levamos ao correo o noso segundo envío destinado aos nosos compañeiras e compañeiras a distancia.
Co obxectivo de que fora algo moito máis persoal e literario que o primeiro, ocorréusenos enviarlles uns marcapáxinas con poemas escritos e decorados por nós mesmos para conmemorar o Mes da Poesía.
Marcapáxinas que levan incorporada unha sorpresa que de seguro non esperan: códigos QR na cara traseira cos que poderán escoitar as voces dos seus autores lendo as súas propias creacións.
Non vos parece absolutamente xenial?!
Os orixinais xa van no correo, pero levarán unhas copias á casa para que o comprobedes por vós mesmos!




No hay comentarios:
Publicar un comentario