miércoles, 26 de abril de 2023

SEGUNDO "ENVÍO POÉTICO"! 

Por fin levamos ao correo o noso segundo envío destinado aos nosos compañeiras e compañeiras a distancia.

Co obxectivo de que fora algo moito máis persoal e literario que o primeiro, ocorréusenos enviarlles uns marcapáxinas con poemas escritos e decorados por nós mesmos para  conmemorar o Mes da Poesía.

Marcapáxinas que levan incorporada unha sorpresa que de seguro non esperan: códigos QR na cara traseira cos que poderán escoitar as voces dos seus autores lendo as súas propias creacións.

Non vos parece absolutamente xenial?!

Os orixinais xa van no correo, pero levarán unhas copias á casa para que o comprobedes por vós mesmos!











A NOSA HORTA!

Coa chegada da primavera, puxemos en marcha un Plan de horto escolar polo que cada aula ten asignada unha bancada de terra para cultivar.

Ao longo da semana pasada limpamos a terra, aireámola, abonámola, plantamos diferentes verduras e hortalizas (máis algunhas flores para atraer aos polinizadores) e regamos.

Deixámosvos unhas fotiños do momento da colocación dos repolos, tomates, apios, leitugas, cenorias, acelgas, pementos, espinacas, xudías... 

A algún xa lle tarda recoller a colleita!


Primavera 2023

(Pinchade arriba para ver o vídeo).


sábado, 22 de abril de 2023

VISITAMOS O CASTELO DE SAN ANTÓN! 

O pasado 11 de abril tivemos a oportunidade de coñecer moitos dos tesouros que contén o castelo de San Antón da nosa cidade, así como datos interesantísimos sobre a nosa historia.

Unha visita guiada por dúas das alumnas do Grao de Turismo da Universidade da Coruña, que fixeron con nós un traballo sobresaínte!




























jueves, 20 de abril de 2023

MEISEL 2023 


O mes pasado visitamos a primeira gran exposición de Steven Meisel, un dos fotógrafos de moda máis importantes da súa xeración, instalada no Peirao da Batería da nosa cidade.

Foi unha oportunidade para falar do talento e da precocidade (fixo as súas primeiras fotos con só 12 anos), da mirada artística, da creatividade ou da beleza.

Ademais, @s alumn@s tiveron a oportunidade de converterse en auténticos modelos posando para un fotógrafo profesional ao ritmo de diferentes músicas, co obxectivo de trasladarlles a complexidade de reflectir o movemento a través da fotografía.

Nótase que o pasaron xenial!






















miércoles, 19 de abril de 2023

DÍA DA MULLER 2023!

O mes pasado celebramos, con distintas actividades, o Día Internacional da Muller. Unha delas foi facer o noso Museo de Mulleres Importantes no noso corredor.

A consigna era clara: debuxar unha muller que fora importante para nós, polas razóns que foran, e acompañar a imaxe das cualidades que mellor a definen; aquelo do que podemos aprender. 

Deixei moi claro que podía ser calquera muller do mundo, aínda que só a coñeceramos pola televisión ou polos libros.

Pois ben, a inmensa maioría d@s alumn@s debuxaron a unha muller da súa familia e acompañaron eses fermosos debuxos de adxectivos igual de fermosos.

Disfrutádeo!


8 de marzo de 2023

(Pinchade arriba para ver o vídeo).



domingo, 26 de febrero de 2023

ENTROIDO II 


O xoves foi o día no que puidemos ir ao colexio vestidos co noso disfraz favorito, como nos dixera Fantasmón.

E como tiñamos un pouco de todo ocorréusenos combinar as distintas personaxes, de forma libre e creativa, para facer esta sesión de fotos tan divertida!!


(Pinchade arriba para ver as fotos).

ENTROIDO I 


Na semana previa ao entroido, Fantasmón mandou que fósemos cos nosos pixamas ao cole.

E ocorréuseme aproveitar a ocasión para falar da importancia dos soños e, sobre todo, daqueles que se fan realidade despois de moita ilusión e esforzo.

Como moi ben dixo unha compañeira: 

"Persegue os teus soños. Non os deixes escapar!"


De maiores soñamos con ser...

(Pinchade arriba para ver o vídeo).