Decoramos o corredor coas nosas manualidades!
Nos días previos ás vacacións de Nadal quixemos despedir o trimestre facendo algunhas manualidades, que tanto nos gustan, para decorar a nosa sección de cortiza do corredor.
Quedounos ESPECTACULAR!!
Unha parte importante do noso Proxecto Competencial anual é a construción das maquetas daquelas casas tradicionais que estivemos a estudar en cada un dos trimestres.
Este é o resultado final da parte máis artística da área, pero que está directamente relacionada coas habilidades de investigación e de planificación do traballo en equipo que tivemos que facer previamente.
Mirade canta maravilla!
Unha das aprendizaxes máis valiosas que deben trasladarse dende a escola neste mundo tan cambiante e dixitalizado é a capacidade de aprender de todo e de todos os que nos rodean e de tratar con respecto, consideración e agarimo ás persoas maiores, que tan infrarrepresentadas están nas aulas e nos libros de texto.
Estou moi feliz de compartir esta visita con todos vós. Unha experiencia interxeneracional moi enriquecedora na que todos (residentes, traballadores e nen@s) nos tratamos como debe ser: de maravilla!
Para repasar o aprendido en cada un dos trimestres e para afondar nalgúns dos temas transversais de máis interese, e con máis conexión coa realidade, para a escola primaria, faremos tres pequenos traballos por proxectos ao longo deste curso.
O produto final do primeiro proxecto foron unhas galletas saudables que foron acompañadas dun deseño para o Ano Novo escrito en forma de poema.
O proxecto estivo dividido en tres seccións: