Primeiro traballo por proxectos:
¡Con las manos en la masa!
Para repasar o aprendido en cada un dos trimestres e para afondar nalgúns dos temas transversais de máis interese, e con máis conexión coa realidade, para a escola primaria, faremos tres pequenos traballos por proxectos ao longo deste curso.
O produto final do primeiro proxecto foron unhas galletas saudables que foron acompañadas dun deseño para o Ano Novo escrito en forma de poema.
O proxecto estivo dividido en tres seccións:
- unha para traballar a alimentación saudable e o Prato de Harvard co obxectivo de elixir a receta máis saudable entre varias propostas dende a área de Naturais;
- outra para saber en que supermercado nos saía máis barata a cesta da compra, canto iamos aforrar e outros cálculos matemáticos reais xunto coa elaboración da masa para traballar as medidas de capacidade;
- e unha sección final dende a área de Lingua Castelá para traballar a rima, os poemas e a escritura creativa.
Porque como dixera un famoso mestre: "A educación non é preparación para a vida: é a vida en sí mesma!"






No hay comentarios:
Publicar un comentario