A caixa matemática II
Na "terceira edición" da Caixa Matemática aproveitamos o seu efecto motivador para traballar, por equipos, a resolución de problemas en dúas fases (aqueles que se resolven con dúas operacións).
A técnica cooperativa empregada foi a 1, 2, 4: primeiro tentamos resolvelo de forma individual, despois poñemos esas estratexias en común coa nosa parella e, finalmente, achegamos a solución final entre os catro membros do equipo.
Esta vez, o premio ao esforzo foron as xa famosas gomas en forma de libriño que tanto nos gustan!

No hay comentarios:
Publicar un comentario